*
Inicio Español Galego
BRAÑAS   FOLK
OBRADOIRO - ESCOLA

CONTACTO:
616 314 864


manuel@branhasfolk.com

Brañas Folk nace no ano 2002, liderado por Manuel Brañas. Éste non sería un grupo novel ao uso, pois Manuel é o fundador do grupo Arco da Vella, inesquecíbel no panorama da música galega. Despois de 17 anos, Arco da Vella desfacíase, e Brañas Folk sería tomado como unha continuación deste. Dous anos despois sacaría ao mercado o seu primeiro traballo discográfico, “Camiñante”.

A formación do grupo está integrada polo propio Manuel Brañas (gaita, arpa, zanfona, wistles, requinta, bombarda e chirimía), Leonardo Blanco (violín), Aser Álvarez (batería e tamboril), Isidro García (acordeón), Eduardo Balvís (baixo), Jose Antonio Blanco (guitarra) e Olga Brañas (Piano, teclados, pandeireta e pandeiro).

No presente ano 2009, coma quen sinte a chamada da natureza, Brañas Folk sinte de novo a necesidade de pasar polo estudio de gravación, e decide sacar ao mercado o seu segundo traballo discográfico, “Alalá do Cebreiro”, con PAI música, en Casa de Tolos.

Neste traballo apóstase por colaboracións tan notables como Uxía, Sonia Lebedinski, Laura Amado, a Coral de Ruada (dirixida por J.J. Rumbao) ou Pancho Álvarez. E, botando contas, máis de 100 músicos participan neste homenaxe ao legado galego!

Dentro deste proxecto atopamos todo un desplegue de variedade, é un disco para todos os públicos: unhas obras do máis puro sabor tradicional e outras de autor. Veremos tamén musicalizacións de letras dos nosos grandes, coma Rosalía ou Cabanillas. Unhas armonías sinxelas e pacíficas e outras complexas e rabudas. Ritmos pausados, ritmos lixeiros; temas con só dous instrumentos ou temas con toda unha banda de gaitas (a Banda de Gaitas de O Barco) acompañándonos a un ritmo vertixinoso na nosa viaxe pola cultura galega.

Estamos nos tempos da revolución informática, así que qué menos que engadir, como agasallo, catro videoclips dunha selección de temas do disco.

Respecto á plantilla de instrumentos tampouco aquí atoparemos acougo: teremos instrumentación tan clásica como o violoncello ou a viola da gamba, ou do máis puro sabor tradicional, como a zanfoña. Nos directos, Brañas Folk compartiu escenario con grupos da talla de Fía na Roca ou Luar na Lubre. E é aquí onde o grupo se atopa como peixe na auga, pois prometen facer bailar aos asistentes coas súas animadas melodías. Os directos son o hábitat natural de Brañas Folk, sempre desexoso de aportar unha visión fresca da música que máis nos fai sentir a nosa terra.

Contacto:
www.branhasfolk.com
manuel@branhasfolk.com
Tlfos: 988249435 / 988225575 / 616314864

 © Brañas Folk  ACV Galaica