A deputación promove uns cursos para aprender a construir instrumentos tradicionais. A matrícula póede formalizar ata o 14 de octubro no Centro cultural da Deputación (edificio Simeón) e será impartido por Manuel Brañas no taller provincial de instrumentos. INFORMACIÓN DO CURSO Os cursos versarán sobre o manexo de técnicas de construción de instrumentos e coñecemento dos materiais empregados. Empezarase pola construción de instrumentos de menor dificultade e aumentarase este nivel en cada curso. A) PRIMEIRO CURSO DE INICIACIÓN Gaita galega, instrumentos de percusión, requintas, chirimías, frautas, tarrañolas e outros de semellante dificultade de construción B) SEGUNDO CURSO DE NIVEL INTERMEDIO Instrumentos mediavais, reproducións dos esculpidos no Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense: violas, salterios, laudes e arpa mediaval C) TERCEIRO CURSO DE PERFECIONAMENTO Zanfonas, arpa celta, dulcimer, organistrum, etc. CONTIDOS TEÓRICOS Ferramentas que se van usar para cada instrumento Coñecementos das madeiras empregadas para cada un deles Maquinaria necesaria para construír cada instrumento Clases de inciciación ó manexo destes instrumentos e técnicas de afinación ORGANIZACIÓN DOS CURSOS Os cursos organizanse en grupos con un máximo de dez alumnos/as e terán preferencia na admisión aos cursos aqueles alumnos/as que teñan coñecementos de música Desargar solicitude do obradoiro instrumental
|