*
Inicio Español Galego
BRAÑAS   FOLK
OBRADOIRO - ESCOLA

CONTACTO:
616 314 864

» Charla conferencia no Centro Cultural Simeón

O día 2 de decembro as 20:15 hrs, estaremos xunto con membros da Coral de Ruada falando sobre a " Chirimía " e sobre a grabación da canción " O canto das chirimías da Catedral de Santiago ", canción incluída no disco "Alalá do Cebreiro" coa colaboración da Coral de Ruada.

 Entrada libre.

Enviado por branhasfolk o 25 de Novembro do 2011 ás 18:54
» Cursos para construir instrumentos tradicionais de música

A deputación promove uns cursos para aprender a construir instrumentos tradicionais.

 A matrícula póede formalizar ata o 14 de octubro no Centro cultural da Deputación (edificio Simeón) e será impartido por Manuel Brañas no taller provincial de instrumentos.

INFORMACIÓN DO CURSO

 Os cursos versarán sobre o manexo de técnicas de construción de instrumentos e coñecemento dos materiais empregados. Empezarase pola construción de instrumentos de menor dificultade e aumentarase este nivel en cada curso.

 A) PRIMEIRO CURSO DE INICIACIÓN

Gaita galega, instrumentos de percusión, requintas, chirimías, frautas, tarrañolas e outros de semellante dificultade de construción

B) SEGUNDO CURSO DE NIVEL INTERMEDIO

Instrumentos mediavais, reproducións dos esculpidos no Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense: violas, salterios, laudes e arpa mediaval

C) TERCEIRO CURSO DE PERFECIONAMENTO

Zanfonas, arpa celta, dulcimer, organistrum, etc.

 

CONTIDOS TEÓRICOS

Ferramentas que se van usar para cada instrumento

Coñecementos das madeiras empregadas para cada un deles

Maquinaria necesaria para construír cada instrumento

Clases de inciciación ó manexo destes instrumentos e técnicas de afinación

ORGANIZACIÓN DOS CURSOS

Os cursos organizanse en grupos con un máximo de dez alumnos/as e terán preferencia na admisión aos cursos aqueles alumnos/as que teñan coñecementos de música

Desargar solicitude do obradoiro instrumental

Enviado por branhasfolk o 27 de Septembro do 2011 ás 10:09
» Festival Intercéltico de Lorient 2010

Este ano, o grupo musical Brañas Folk participará no prestixioso Festival Intercéltico de Lorient, Francia.

As datas dos concertos do festival serán entre o 7 e o 9 de Agosto de 2010.

Enviado por branhasfolk o 30 de Marzo do 2010 ás 16:01
» Xira por Arxentina do 8 ao 12 de Outubro

Ou próximo mes de outubro comezamos unha xira por Arxentina para presentar ou noso novo traballo discográfico.

Axenda:

      día 8: rolda de prensa na Cidade de Bos Aires para presentar ou novo cd " Alalá do Cebreiro"
      día 9: concerto non Teatro Centro Galicia - Bos Aires
      día 10: concerto no Teatro Castelao - Bos Aires
      día 11: concerto non Auditorio de Mar de Prata

Enviado por branhasfolk o 28 de Septembro do 2009 ás 09:10
» Presentación novo CD

Mañá xoves, presentarase o novo CD  titulado "Alalá do Cebreiro" no Centro Cultural da Diputación de Ourense.

Este CD foi grabado por Segundo Grandío e Pablo Casal e mesturado e masterizado en Casa de Tolos, Mañufe (Gondomar) - www.casadetolos.com. A producción correu a cargo de Manuel Brañas e Segundo Grandío.


Brañas Folk son:
Manuel Brañas
: gaita, arpa, whistle, zanfoña, requinta, bombarda e chirimia.
Olga Brañas: teclados, piano, pandeiro e pandeireta.
Leonardo Blanco: Violín
Isidro García: Acordeón.
Aser Álvarez: Tamboril, bombo e percusión
Eduardo Balvís: Baixo.
Jose Antonio Blanco: Guitarra. 

Colaboran na grabación:
Uxía Senlle: Voz no tema "Pandeirada de Outeiro"
Sonia Lebedinski: Voz no tema "Doente de Amor"
Laura Amado: Voz no tema "A Gaita Galega"
Mónica de Nut: Voz no tema "Alalá do Cebreiro"
Coral de Ruada: Dirixida por J.J.Rumbao. Voces no tema "Canto das Chirimias da Catedral de Santiago".
Banda de Gaitas de O Barco: dixida por Manuel Prada, no tema "Aluveire".
Mar Marqués: Acordeón "Aluveire".
Antonio Lozano: Mandolina "Aluveire".
Susana Blanco: Viloloncello nos temas "Flor de Cardo", "A Gaita Galega", "Doente de Amor" e "Para Laura".
Segundo Grandío: Contrabaixo nos temas "Flor de Cardo", "A Gaita Galega", "Aluveire" e "Doente de Amor".
Pancho Álvarez: Bozouki, mandolina e viola da gamba.
Luciano Pérez Díaz: Organistrum no "Canto das Chirimias da Catedral de Santiago".
Victoria Folgado García: Fagot no tema "Canto das Chirimias da Catedral de Santiago".
Os Terribles De Donas (Manolo e Suso): Tamboril e bombo no tema "Aluveire".

Enviado por branhasfolk o 08 de Xullo do 2009 ás 18:22
 © Brañas Folk  ACV Galaica